Proxección do documental "Aldeas... un retorno posible", en Bos Aires
O venres 21 de decembro ás 20,00 h., na sede do Centro Betanzos, a entidade brigantina en Bos Aires e a Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega organizan a proxección do documental Aldeas... un retorno posible, dirixido por Juan Carlos Iniesta.
Continuación de El Retorno... un viaje al origen, desta volta trátase dun filme que estuda os diversos xeitos de retornar, centrándose nos fillos, fillas e descendentes das e dos emigrantes españois e españolas que fundaron as súas familias no exterior. O documental percorre aldeas e pobos de Galicia, Salamanca, Almería, Madrid e Navarra.
Ao rematar ofrecerase un viño de honor.

Evento:
Proxección
Organiza:
Centro Betanzos de Bos Aires & Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega
Data:
21.12.2012
Hora:
20,00
Lugar:
Asociación Centro Betanzos - Salón Geno Díaz
Venezuela, 1534-36
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1095Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





