Programa do 'Bos Aires Celebra Galicia 2015'

Listen to this page using ReadSpeaker
4111 lecturas

O sábado 10 de outubro, organizado pola Comunidade Galega na Arxentina, o Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires e a Xunta de Galicia, celébrase na Avda. de Mayo da capital arxentina "Bos Aires Celebra Galicia".

Programa:

  • 11,30 h. Música Celta
  • 12,30 h. Misa na Catedral de Bos Aires, celebrada en castelán e galego
  • 13,30 h. Procesión coa figura do Apóstolo Santiago, coa participación de todos os Centros ataviados con traxes típicos e asistentes
  • 14,30 h. Apertura da celebración
  • 14,45 h. Actividades na vía pública e escenario durante toda a xornada. Actuacións grupos da colectividade
  • 16,15 h. Palabras Autoridades
  • 16,30 h. Entrega no escenario principal das Compostelas ás/aos participantes do programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración
  • 16.45 h. Récord Guinness pendente dende o 2014, a Muñeira do Camiño, a máis longa do mundo, a realizarse ao longo da Avenida de Mayo
  • 17,00 h. "Entroido de Entroidos", Grande folión ao longo da Avenida de Mayo
  • 17,30 h. Final do entroido, lectura do testamento e Enterro da sardiña
  • 18,00 h. Actuación Grupos da colectividade
  • 18,30 h. Entrega de premios e rifa bono contribución
  • 19,00 h. Grande final coa participación de todos/as os/as presentes
  • Programa con plano
Programa do 'Bos Aires Celebra Galicia 2015'
Organiza: 
Comunidade Galega na Arxentina, Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires & Xunta de Galicia
Data: 
10.10.2015
Lugar:
Av. de Mayo
(entre Bolivar & Chacabuco)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Arxentina