Presentación da XXXIII Feira do Requeixo e Mel no Centro Galego de Lisboa

Listen to this page using ReadSpeaker
138 lecturas

O Centro Galego de Lisboa, Xuventude de Galicia, en colaboración co Concello das Neves (Pontevedra), fará na súa sede unha presentación da XXXIII Feira do Requeixo e Mel, Festa de Interese Turístico de Galicia. O evento celebrarase no salón Leucadia Boullosa, o sábado 14 de marzo ás 17:30 horas. 

Ademais da presentación da celebración, tamén se fará unha degustación do requeixo das Neves, acompañado de mel e viño típico desta comarca do Condado.

Máis info: Facebook | Instagram.

Presentación da XXXIII Feira do Requeixo e Mel no Centro Galego de Lisboa.
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Data: 
14.03.2026
Hora: 
17:30
Lugar:
Centro Galego de Lisboa
Júlio de Andrade, 3
Lisboa - 1150-206
Portugal
booked.net