Presentación da XXIX Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, na Casa de Galicia en Madrid
O mércores 15 de marzo ás 12:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase a XXIX Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá.
A celebración desta feira, na que cada ano participan numerosos queixeiros/as e panadeiros/as, reúne por centos de persoas que se achegan ao recinto co fin de adquirir estes deliciosos produtos de gran calidade, chegando a esgotar as súas existencias; máis de dez mil pezas de queixo, entre frescos e curados, e máis de tres mil pezas de pan chéganse a expoñer na feira.
Na presentación da Feira, que xa vai pola súa vixésimo novena edición, intervirá o alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez.
Finalizada a presentación terá lugar unha degustación gastronómica do queixo con D.O. Arzúa - Ulloa e do pan de Ousá, dous produtos artesanais, elaborados de forma tradicional con materias primas do municipio.
