Presentación de 'O gaiteiro de Santo Xusto. O Son da Ulloa', en Santander
O sábado 27 de xaneiro a partir das 20:30 h, na súa sede na capital cántabra, o Centro Galego de Santander acolle a presentación do libro CD O Gaiteiro de Santo Xusto. O Son da Ulloa, no que o tamén gaiteiro lucense Bruno Villamor Gay fai un percorrido pola vida de Ramiro Villamor, o seu avó e músico de sona na comarca da Ulloa.
Máis info: no Facebook

Evento:
Presentación
Organiza:
Centro Gallego de Santander
Data:
27.01.2018
Hora:
20:30
Lugar:
Centro Galego de Santander
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003Cantabria España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





