Presentación do libro de poemas "Pesadelo da creación", de Branca Vilela, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
194 lecturas

O martes 8 de novembro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase o libro Pesadelo da creación, publicado por Medulia Editorial e obra da poeta e escritora fisterrá Branca Vilela.

  • Acompañarán á autora durante o acto de presentación: Juan Serrano López, director da Casa de Galicia en Madrid; Vicente Araguas, poeta e crítico literario; Basilio Rodríguez Cañada, presidente da Editorial Sial Pigmalión; e Javier Dámaso, catedrático de Dereito e escritor.
  • Este libro, que contén unha gran carga social, tensión e intriga, constitúeo un só poema e a autora defíneo como unha poesía-novela xa que inclúe os compoñentes de ambos os xéneros literarios: conta unha historia, cun personaxe principal, que é unha muller, ao que posteriormente se van incorporando outros que van conducindo o poema ata o desenlace final.
  • É un libro inspirado na realidade de moitas mulleres, que fala de amor, de desengano, de dor, de incomprensión, de loita e de superación.
  • Pesadelo da creación é o noveno libro dunha autora que recibiu a mención de honra da crítica norteamericana ao mellor poemario escrito en lingua romance coa súa obra Faciana das augas. Tamén recibiu o Premio Escriduende ao mellor poemario de contido social e recomendado na revista Educación 3.0 como mellor libro para iniciar ao público xuvenil e infantil na poesía co libro No silencio dos lapis.
  • Os seus poemas aparecen publicados en revistas de diferentes universidades dos EE.UU. e foron traducidos a varios idiomas.
Presentación do libro de poemas "Pesadelo da creación", de Branca Vilela, en Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
08.11.2022
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024, 21.05.2024, 28.05.2024