Presentación do libro "O Gaiteiro Técnico" en Madrid
O venres 28 de xuño ás 19,00 h., na Librería Antonio Machado de Madrid, o gaiteiro Juan Luna presenta o seu libro O gaiteiro técnico, nun acto que contará coa participación do propio autor e do laureado gaiteiro e compositor Pablo Devigo.
Neste primeiro traballo editorial de Juan Luna -publicado a través da Asociación Cultural A Píntega Marela- O Gaiteiro Técnico reúne 248 exercicios, 6 estudios e 16 preludios para gaita galega, moitos deles empregados polo seu autor ao longo da sua traxectoria como mestre.
Este libro é o primeiro dunha serie de volúmenes que recollerán diversos aspectos que o autor considera que debe aunar unha ou un gaiteiro técnico ou moderno, e está pensado para un nivel de iniciación aínda que as gaiteiras e os gaiteiros máis avanzados tamén poden facer uso del para resolveren certos aspectos concretos.






