Presentación do libro "Manuel María. Reencontrado", en Castellón

Listen to this page using ReadSpeaker
822 lecturas

O sábado 16 de abril ás 20,00 h., na sede do Centro Galego de Castellón, preséntase Manuel María. Reencontrado, a obra do escritor e poeta lucense afincado en Cataluña Xosé Lois Garcia, publicado pola editorial Toxosoutos, un percorrido pola presenza do poeta chairego polas terras da Ribeira Sacra, Terras de Lemos, Quiroga, Chantada e Cataluña

  • Presentarase tamén unha escolma de diversos traballos imprescindibles para achegarse á figura de Manuel María, un dos nosos grandes intelectuais e persoeiro ao que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2016
  • Ao remate terá lugar un parladoiro aberto sobre a figura e obra de Manuel María
Presentación do libro "Manuel María. Reencontrado", en Castellón
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data: 
16.04.2016
Hora: 
20,00
Lugar:
Centro Galego de Castellón
Pérez Dolz, 9
Castellón de la Plana - 12003Castellón-Castelló
España