Presentación do libro" Lugo, a cidade dos tesouros encantados", na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
573 lecturas

O mércores 12 de novembro ás 19,00 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, presentarase o libro  Lugo, a cidade dos tesouros encantados, de Lois Diéguez e con fotografía de Xulio Gil, publicado por Engaiolarte Edicións, unha proposta literaria imaxinativa que formula unha visión moi persoal da cidade lucense, estimulando á/ao lector/a a contemplala con ollos novos e camiñar á descuberta das mútiples alfaias que encerra.

  • O evento contará coas intervencións de Henrique Albor, Nicolás Herchón, Nacho Pérez, Inés Canosa, Lila Rodríguez, Eva Lema, Xan Carballa (Engaiolarte Edicións), Xulio Gil e Lois Diéguez e inclúe a proxección dun vídeo que introduce á/ao espectador/a na proposta literaria e visual desta obra, que aposta por un novo xeito de entrar na realidade da cidade, percorrendo as súas rúas e deténdose na descuberta de tesouros que só aparecen á vista do/a espectador/a e o/a visitante atento/a
Presentación do libro" Lugo, a cidade dos tesouros encantados", na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
12.11.2014
Hora: 
19,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: