Presentación do libro "Franciso Umbral. Manual de instrucciones", de José Besteiro, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
122 lecturas

O luns 26 de febreiro ás 20:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase o libro "Franciso Umbral. Manual de instrucciones", de José Besteiro.

  • Conversarán co autor: Daniel Gavela, ex director xeral da SER, Cuatro e CNN+; e Bieito Rubido, director de El Debate.
  • Francisco Umbral: Manual de instrucciones, con prólogo de Ángel Antonio Herrera, é unha obra que combina ensaio, crónica e narrativa para mergullarnos na vida e obra de Francisco Umbral. O autor, José Besteiro, ofrece unha visión profunda e reveladora tanto do escritor como da experiencia literaria. Non é simplemente unha biografía, senón máis ben un artefacto de indagación que captura a esencia mesma do autor e a súa obra. 
  • José Besteiro é xornalista e escritor. Colaborou como articulista en ABC e El País. Neste diario publicou por entregas Los reyes catódicos, serie de columnas que posteriormente foron recollidas en forma de libro. Tamén é autor de Un hombre que se parecía a Cunqueiro, unha biografía do autor de Merlín e familia unanimemente aclamada pola crítica. Antes de dedicarse á escritura de maneira profesional, Besteiro foi empresario e produtor de televisión de series de éxito como Sin tetas no hay paraíso e Pasión de Gavilanes. Tamén realizou videoclips para Enrique Iglesias e Alejandro Sanz e foi produtor asociado da película La lengua de las mariposas, dirixida por José Luis Cuerda.
Presentación do libro "Franciso Umbral. Manual de instrucciones", de José Besteiro, en Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
26.02.2024
Hora: 
20:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024, 21.05.2024, 28.05.2024