Presentación do libro "Contos da beiramar", de Fernando A. Fernández Domonte, en Madrid
O martes 17 de maio ás 19:00 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro Contos da beiramar, de Fernando A. Fernández Domonte.
- Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022, o autor, acompañado polo editor, Xabier Romero, dará a coñecer a súa obra, publicada pola Editorial Elvira, conversando sobre os relatos instrutivos e reveladores que a compoñen.
- Contos da beiramar reúne catorce relatos onde a ficción e realidade se mesturan como envoltas pola mesma onda. Haberá quen dea por certos moitos dos feitos que neles se narran, mentres que sobre outros pensarán que non son máis que produto da imaxinación do autor. Pero podería ser xustamente ao revés. Porque ficción e realidade fanse mutuos préstamos para poñer diante dos ollos do/a lector/a vivencias cotiás ou singulares episodios protagonizados por mariscadoras, mariñeiros, funcionarios, persoal das confrarías de pescadores e ata algún carguito, taberneiro ou pescador furtivo, por veces sorprendentes.
- Cousas que pasaron e pasan na beiramar, contadas con desenfado e certo agarimo, onde a retranca popular non deixa de ser un persoeiro máis. Uns relatos que, ademais de recrearse coa lectura e coñecer dende dentro anacos do mundo do mar, permiten xogar ás adiviñas.

Evento:
Presentación
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data:
17.05.2022
Hora:
19:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: