Presentación do libro "4 Mulleres de Palabra: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova", en Madrid
O luns 23 de xaneiro ás 19:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, preséntase o libro 4 Mulleres de Palabra: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova, coordinado por Marcelino Agís Villaverde.
Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova conforman unha nova xeración de escritoras que conquistou unha destacada posición no ámbito da literatura, do pensamento feminista e da conciencia social en favor dun mundo mellor que o que herdaran. Mostraron unha enorme sensibilidade cara aos sectores máis vulnerables da sociedade, tentando cambiar esta realidade. As catro tiveron unha consideración especial cara á situción da muller, tentando que a perspectiva feminina fose coñecida e respectada.
A través deste ensaio, preténdese dar a coñecer a estas catro mulleres nadas en Galicia e que acharon en Madrid horizontes formativos, sociais e culturais, antes de que cada unha delas alzase e voo en busca do seu propio destino.
O libro está estruturado en catro partes, dedicadas a cada unha das autoras, ás que se engade un epílogo que ofrece unha visión panorámica do contexto histórico nun sentido amplo.
