Presentación do folleto "Brexit & You / El Brexit y Tú", en Londres
O luns 10 de setembro das 18:00 a 20:00 h, na sede da Embaixada de España na capital británica, New Europeans England e a Embaixada de España en Londres presentan o folleto informativo Brexit & You / El Brexit y Tú.
Brexit & You brinda unha descrición xeral das principais guías e organizacións que lle axudarán a descubrir as súas opcións post- Brexit e que facer para prepararse mentres tanto.
Este evento está dirixido a cidadáns/ás españois/las que viven en Londres e que están preocupados/as polos seus dereitos e o seu status despois do Brexit.
Os folletos Brexit & You están deseñados para proporcionar asesoramento personalizado aos/ás nacionais de todos os países da UE, de maneira específica e en todas as linguas oficiais da UE. O folleto está actualmente dispoñible en español, romanés e portugués, e moitos máis están a ser deseñados para outros/as nacionais da UE.
A European Commission in the UK e a Law Centres Network apoian este evento ofrecendo avogados/as e intérpretes contratados/as para asistir a sesións de preguntas e respostas sobre os dereitos dos/as cidadáns/ás da UE. Representantes da Embaixada de España tamén estarán presentes para proporcionar orientación.
É necesario confirmar asistencia: www.eventbrite.co.uk
Máis info: enviar un correo-e a tamsin@neweuropeans.net






