Presentación e proxección do documental "O instante eterno", de José Antonio Cascudo Rodríguez, na Casa de Galicia en Madrid
O luns 19 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, presentarase e proxectarase o documental O instante eterno, dirixido por José Antonio Cascudo Rodríguez.
Trátase dun documental sobre a vida e obra de Díaz Castro, proxecto iniciado no 2011 co obxecto de difundir a figura do poeta de Guitiriz de cara á celebración do centenario do seu nacemento e a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas. No acto intervirá, ademais do director do filme, Alfonso Blanco, presidente da Asociación Cultural Xermolos.

Evento:
Proxección
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid
Data:
19.05.2014
Hora:
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





