Presentación de ' Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra', en Santander

Listen to this page using ReadSpeaker
679 lecturas

O venres 11 de marzo ás 19,30 h., na sede do Centro Galego de Santander, e en colaboración coa Sociedade Cántabra de Escritores, presentarase o libro de Luis Gorrochategui Santos Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra.

  • Durante o acto renderase unha homenaxe ao historiador cántabro José Luis Casado Soto
  • A 'Contra Armada', comandada por Drake en 1589, foi máis grande en número de barcos e de homes que a famosa 'Invencible', polo que o desastre co que concluíu tamén superou o da súa homóloga española. Esta monografía analiza en profundidade tamaña catástrofe incluíndo oito planos orixinais das estratexias operativas e centos de documentos custodiados ata a data. A obra trata de reconstruír as operacións militares que encumbraron a María Pita como heroína pola defensa da Coruña e que supuxo a derrota dos buques ingleses
Presentación de ' Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra', en Santander
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
11.03.2016
Hora: 
19,30
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003Cantabria
España