Presentación de catro pezas teatrais no Lar Galego de Sevilla
O Lar Galego de Sevilla presenta o venres 6 de xuño, ás 19:30 horas, catro pequenas obras teatrais baixo a dirección de M. Isabel L. Olaya. Serán as seguintes:
- El Piropo, unha crítica ao que fai anos ocorría cando as mulleres pasaban polas obras.
- Reflexiones de una viajera, un monólogo sobre as peripecias dunha maleta.
- Las Rebajas, obra que trata dos desacordos dunha parella cando a muller chega das compras en rebaixas.
- Viva Andalucía, un eloxio da autonomía andaluza.
O evento terá lugar no Salón de Actos do centro, con entrada gratuíta.
Máis info: Instagram.

Evento:
Representación
Organiza:
Lar Galego de Sevilla
Data:
06.06.2025
Hora:
19:30
Lugar:
Lar Galego de Sevilla
Rúa Padre Méndez Casariego, 27
Sevilla - 41003Sevilla España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






