Presentación de "Aurelia quiere oír", de María Rosa Iglesias, en Bos Aires
O xoves 3 de outubro ás 19:00 h, no Salón de Hostelería da sede do Centro Galicia de Bos Aires, preséntase Aurelia quiere oír, de María Rosa Iglesias.
- Aurelia, a protagonista desta novela, emigra á Arxentina aos cinco anos, durante a segunda gran onda migratoria das décadas do 50 e do 60 do século XX. É campesiña e galega pero ademais chega cun déficit auditivo que dificulta seriamente a súa aprendizaxe, a súa integración e a súa sociabilidade. O hipoacúsico está entre dous mundos, entre os sons e o silencio. O inmigrante cambaléase entre a nostalxia e a necesidade de reconstruírse e adaptarse. Aurelia quere oír reflicte as contradicións para construír unha nova identidade, a loita interior para elaborar as perdas afectivas, culturais e sensoriais, a proxección dun futuro propio que nunca será o soñado, os conflitos e fracasos. Dilemas retratados con realismo e empatía. María Rosa Iglesias constrúe un texto de ficción ancorado na súa propia experiencia como hipoacúsica e inmigrante.
- Participan a escritoria e investigadora María Rosa Lojo, o psicólogo especializado en hipoacusia Andrés López Garraza e a Escola de Gaitas do Centro Galicia de Bos Aires. Modera Claudia López Barros.
- Ao finalizar servirase un viño de honra e a autora asinará exemplares.
- Entrada libre e de balde.
Máis info e confirmación de asistencia: lecturamundi@unsam.edu.ar

Evento:
Presentación
Organiza:
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Cátedra Galicia-América (Programa Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín)
Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol
Data:
03.10.2019
Hora:
19:00
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Salón de Hostelería
Bartolomé Mitre 2552
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1039AAPCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





