Preestrea de 'Sicixia', en París
O luns 7 de novembro ás 20,00 h., no Cinéma Majestic Passy da capital francesa, terá lugar a preestrea do filme Sicixia, de Ignacio Vilar, 'un paseo polo amor e a Costa de Morte' protagonizado por Marta Lado e Monti Castiñeiras, coa asistencia do director e a actriz e o actor galegos.
- Trala proxección da longametraxe, haberá un cóctel con canapés a base de produtos galegos con marisco, algas elaborado polos chefs galegos Iván Domíonguez, Javier Rey, Miguel Silvarredonda e Tino Otero, e con viño da Denominación de Orixe Valdeorras
- Prezo da entrada (filme+cóctel): 10 €
- Máis info no facebook e Twitter

Evento:
Proxección
Organiza:
Vía Láctea Filmes
Porto-Muíños
Data:
07.11.2016
Hora:
20,00
Lugar:
Cinéma Majestic Passy
18 rue de Passy
París - 75016Paris (75) Francia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





