Os Adeuses - The Farewells, en Florida

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

149 lecturas

Do xoves 24 de outubro ao venres 13 de decembro de 2019 pode visitarse na Schmidt Center Gallery Public Space da Florida Atlantic University (FAU) de Boca Raton a mostra Os adeuses - The Farewells. Fotografías de Alberto Martí.

  • Organizada polo Consello da Cultura Galega, a Xunta de Galicia a través do CGAI e o Department of Languages, Linguistics, and Comparative Literature da FAU, e comisariada por José Caruncho, a mostra é unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.
  • A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).

Máis info: fau.edu | Nuria Godón ngodon@fau.edu | Tlf. 561 297 2977

Os Adeuses - The Farewells, en Florida
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Florida Atlantic University - FAU
Consello da Cultura Galega
Xunta de Galicia
Data: 
24.10.2019
13.12.2019
Lugar:
Schmidt Center Gallery Public Space
- Florida Atlantic University (FAU)
Boca Raton - 33431Florida
Estados Unidos
  • O TEMPO EN:Hialeah
    Hoxe
    18°
    Parcialmente anubrado
    Mañá
    27°
    Chuvia lixeira intermitente