Ópera "Carmen" de Bizet, en Baía, coa actuación da EDACE

Listen to this page using ReadSpeaker
822 lecturas

Do xoves 13 ao luns 17 de setembro, no Teatro Castro Alves de Salvador (Baía) o grupo de danza da Escola de Dança, Arte e Cultura Galega e Espanhola (EDACE) da cidade baiana participará como corpo de baile flamenco na ópera Carmen, de Bizet, que terá a realización da ALBA-Associação Lírica da Bahia, dirección de Francisco Mayrink, dirección escenográfica de Elisa Mendes, rixido por Pino Onnis e a Orquestra Sinfônica da Bahia.

As sesións celebraranse ás 20,00 h. excepto o domingo, que se representará ás 18,00 h. O prezo das entradas é de 50 $ (25 $ media entrada).

Ópera "Carmen" de Bizet, en Baía, coa actuación da EDACE
Evento: 
Representación
Organiza: 
Governo do Estado da Bahía, Ministério da Cultura & Banco do Brasil
Data: 
13.09.2012 a 17.09.2012
Hora: 
20,00
Lugar:
Teatro Castro Alves
Praça Dois de Julho,s/n Campo Grande
Salvador - CEP 40080-121Bahia
Brasil