Oficina informativa móbil de FEVEGA e APEJUVEG, en Lalín

Listen to this page using ReadSpeaker
700 lecturas

O sábado 13 de febreiro, no Bar Restaurante Caracas de Lalín, a Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) e a Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) desprázanse ata a capital do Deza para celebrar unha xornada informativa.

  • Informarase sobre os programas de axuda da Secretaría Xeral da Emigración ás e aos emigrantes retornados, outras axudas e subvencións, asesoría legal, pensións non contributivas e asistenciais por ancianidade etc.
  • Horario de atención: de 11:00 a 14:30 h 
  • É preciso inscrición para ser atendido/a: no teléfono 643500625 ou por mensaxe privada na páxina de Facebook da Asociación Venezolanos del Deza 
  • Haberá tamén recollida de medicamentos e donativo para pagar os portes e podelos enviar a Venezuela. Esta acción realízase en colaboración con D. Carlos, sacerdote da Igrexa de Lalín, quen será o encargado do seu posterior envío. Os medicamentos deben estar en perfecto estado, non caducados, non líquídos, nin cueiros, nin cremas ou pomadas abertas

Máis  info: tlfs. 986 094 894 - 682 084 970 | Correo-e fevega.vigo@gmail.com | www.fevega.org | Facebook | Twitter | Instagram

Oficina informativa móbil de FEVEGA e APEJUVEG, en Lalín
Evento: 
Outros
Organiza: 
Federación Venezolana de Galicia - FEVEGA
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data: 
16.02.2019
Hora: 
11:00
Lugar:
Bar Restaurante Caracas
Corredoira, 32
Lalín - 36500Pontevedra
España