Obradoiros de sensibilización en contra do racismo e a xenofobia, na UDC
O xoves 16, os venres 17 e 24 de outubro, na Aula de 5º curso da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) organiza os Obradoiros de sensibilización en contra do racismo e a xenofobia.
1º Obradoiro: Racismo e xenofobia nas institucións. Activismo dende a arte
- Impartido por Xosé Quiroga (fotógrafo, activista e promotor de Antigonia Nexo Informativo)
- Datas e horarios:
-Xoves, 16 de outubro, de 16,00 a 20,00 h. e venres, 17 de outubro, de 10,00 a 14,00 h.
-Lugar: Aula 1/5 (primeiro andar) da Facultade de Socioloxía - Entrada libre
2º Obradoiro: O racismo e a xenofobia no discurso cidadán. Análise dende a política
- Impartido por Aitor Hernández-Carr (Profesor de Ciencia Política na Universidade de Barcelona, e especialista en análise de partidos populistas de extrema dereita)
- Data e horario: venres, 24 de outubro, de 16, 00 h. a 20,00 h.
- Lugar: Aula 1/5 da Facultade de Socioloxía
- Entrada libre

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)
Data:
16.10.2014
24.10.2014
Lugar:
Facultade de Socioloxía da UDC - Aula de 5º curso
Campus de Elviña, s/n - (Universidade da Coruña)
A Coruña - 15071A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





