Obradoiro práctico de emprendemento cultural, en Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
1339 lecturas

O xoves 9 e o venres 10 de xuño, na sede da Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Londres, celebrarase na capital británica o 'Taller práctico de emprendemento cultural - Creación e Desenvolvemento de Proxectos', organizado pola Fundación Iberoamericana de las Industrias Culturales y Creativas (Fibicc) no marco do programa CULTUP e co financiamento do Programa de Jóvenes da Dirección Xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España.

Programa:

  • Xoves, 9 de xuño
    -9,15 h. Recepción participantes
    -9,30 h. Presentación das Xornadas
                Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España
                Fundación Iberoamericana de las Industrias Culturales y Creativas
    -10,00 h. O sector da cultura en Europa: Londres
    -11,00 h. Claves para desenvolver un Proxecto Cultural
    -13,00 h. Como cumprimentar un Plan de Negocio no sector cultural. Todos os aspectos para que o proxecto sexa sustentable

    **************************
    -16,00 h. Visita a Institucións e Espazos Culturais da cidade e Sesión de Networking

  • Venres, 10 de xuño
    -10,00 h. Estratexia de cooperación, traballo en rede e negociación no desenvolvemento de proxectos culturais
    -12,00 h. Sesión de titoría e consultoría individual para o desenvolvemento do proxecto
  • Inscricións: en cultup.org/inscripcion ata o 7 de xuño de 2016
  • Máis info: no correo-e cultup@fibicc.org
  • A realización das xornadas quedará ligada, por cuestións de proporcionalidade de custos, á asistencia mínima de 5 participantes
Obradoiro práctico de emprendemento cultural, en Londres
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Fundación Iberoamericana de las Industrias Culturales y Creativas (Fibicc)
Consejería de Empleo y Seguridad Social de la Embajada de España en el Reino Unido
Data: 
09.06.2016 a 10.06.2016
Lugar:
Consejería de Empleo y Seguridad Social - Embajada de España en Londres
20 Peel Street - (Metro Notting Hill Gate)
Londres - W8 7PDLondon
Reino Unido