Obradoiro de gaita galega en Costa Rica
Do 2 ao 10 de outubro, no Salón Goya da Casa España, o Lar Galego de Costa Rica organiza un obradoiro de gaita galega, que estará impsrtido polo prestixioso gaiteiro vigués Abraham Fernández. O día 11 de outubro celebrarase un concerto Fin de curso en Casa España.
- O custo do curso é de 15.000 colones (inclúe materiais).
- Sesións: de 17,00 a 20,00 h. no Salón Goya
- Información: nos tlfs. 8891-6322 (Marian) e 8858-9824 (Josephine)
- Programa:
-Dixitación e técnica do instrumento
-Ritmos típicos da cultura galega
-Afinación e tempero
-Repertorio tradiconal e de autor
-Coidado e mantemento do instrumento
-Contextualización histórica

Evento:
Curso
Organiza:
Asociación Lar Galego
Data:
02.10.2012 a 10.10.2012
Hora:
17,00
Lugar:
Casa de España
Sabana Norte - San José (Casa de España)
Sabana Norte - 582-2070 San Jose Costa Rica
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





