Obradoiro de benvida e información e visita á Administración municipal, en Lausanne

Listen to this page using ReadSpeaker
649 lecturas

A Oficina para as/os inmigrantes do concello de Lausanne (Bureau lausannois pour les immigrés - Ville de Lausanne) organiza obradoiros de benvida en diferentes idiomas e visitas guiadas á administración municipal.

  • No obradoiro ofrecerase información sobre emprego, seguridade social, vivenda, sistema escolar, aprendizaxe do idioma, institucións etc.
  • A inscrición nos talleres e na visita é gratuíta e poden realizarse por separado, pero é obrigatorio inscribirse en bli@lausanne.ch ou polo teléfono 021 315 72 45, precisando a data do obradoiro ao que desexa inscribirse, o seu idioma para a visita guiada á administración e o número de participantes.

Obradoiro de benvida e información en español

  • Data e hora: 5 de xuño de 2018, de 18:30 a 21:00 h
  • Lugar: Bureau lausannois pour les immigrés - BLI, Place de la Riponne 10 (1002 Lausanne)

Visita guiada á Administración municipal

  • Data e hora: 7 de xuño de 2018, de 18:00 a 19:30 h
  • Lugar e hora de encontro: biblioteca Chauderon (praza Chauderon, 11 - 1003 Lausanne) ás 17:45 h

Máis info:

Obradoiro de benvida e información e visita á Administración municipal, en Lausanne
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Bureau lausannois pour les immigrés - Ville de Lausanne
Data: 
05.06.2018
07.06.2018
Hora: 
18:30
Lugar:
Bureau lausannois pour les immigrés
Place de la Riponne 10
Lausanne - 1002Vaud
Suíza