Muiñada das Letras Galegas 2017, en Castelló
O Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo' celebra a Muiñada das Letras Galegas 2017 coa seguinte programación de actividades:
Venres 12 a 26 de maio: Exposición 'Carlos Casares e fotografía' - Sede da entidade na r/ Pérez Dolz
- Mostra composta de 34 imáxenes realizadas polo propio Casares, e que amosa, ademais de imaxes familiares, as distintas viaxes realizadas polo autor, unha faceta coma fotógrafo pouco coñecida do escritor ourensán a quen se homenaxea na presente edición do Día das Letras Galegas
- Horario de visita: de 10:30 a 20:30 h, con entrada libre
Sábado, 20 de maio, 20:30 h: Acto central do Día das Letras Galegas - Sede da entidade na r/ Pérez Dolz
- Xosé Filgueira, presidente da entidade, fará un percorrido pola obra e vida de Casares, así como a impronta da celebración deste Día e das distintas figuras homenaxeadas, rematando cun parladoiro aberto a tódolos/as asistentes
- Ao remate servirase un viño galego e uns petiscos
Sábado, 27 de maio, 14:30 h: Festa dos Maios - Local social 'O Faiado' (antigo cuartel Tetuán XIV)
- Elaboración dun maio tradicional galego
- Xantar: churrasco de costelas, chourizos crioulos, ensalada, viño e sobremesas
- Prezo: socios/as 7 €; non socios/as, 15 €; cativos/as -12, de balde
- Reservas: antes do xoves 25 de maio
Máis info: no facebook

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
12.05.2017
27.05.2017
Lugar:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Pérez Dolz, 9
Castellón de la Plana - 12003Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





