Melodías Familiares: Musicoterapia en familia - Sesión de Nadal

Listen to this page using ReadSpeaker
860 lecturas

O xoves 27 de decembro, no Centro Cívico Veciñal Pescadores da Coruña, as ONGs Mestura e Ecos do Sur organiza unha sesión especial de "Melodías Familiares: Musicoterapia en familia - Sesión de Nadal", unha nova oportunidade para que os pequenos e pequenas gocen da música na compañía dos seus pais e nais, e tamén para que as mulleres encinta poidan achegarse ao canto prenatal.

A sesión é de balde e as prazas son limitadas, sendo preciso inscribirse, ben chamando aos tlfs. 881 965 692 ou 981 150 118,  ou tamén enviando un correo-e a calquera destes enderezos: info@agra-activa.org ou ong@ecosdosur.org especificando nome do pai ou da nai, nome do neno ou nena, a súa idade e un teléfono de contacto.

Os grupos de idades e horarios os seguintes:

  • 16,00 h. -16,45 h.: grupo 0 a 1 anos
  • 17,00 h. -17,45 h.: grupo de 1 a 2 anos
  • 18,00 h. -18,45 h.: grupo de 2 a 3 anos
  • 19,00 h. -19,45 h.: grupo de mulleres embarazadas

 

Melodías Familiares: Musicoterapia en familia - Sesión de Nadal
Evento: 
Curso
Organiza: 
ONG Mestura & ONG Ecos do Sur
Data: 
27.12.2012
Hora: 
16,00
Lugar:
Centro Cívico Veciñal Pescadores
Praza Cangas do Morrazo, 18
A Coruña - 15011A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: