Magosto & Mercado medieval Xacobeo, en Llodio
Do venres 25 ao domingo 27 de outubro, co gallo do 50º aniversario da entidade galega na vila arabesa, o Centro Galego de Llodio organiza a festa do Magosto e un Mercado medieval Xacobeo, nos que haberá música, xogos infantís, artesanía, contacontos, exhibicións de cetraría, un magosto con 500 quilos de castañas chegados desde Galicia etc.
PROGRAMA: (picar aquí para descargar completo)
Venres, 25 de outubro
- 21:00-01:00 h - Orquesta Compostela (Herriko Praza)
Sábado, 26 de outubro
- 12:00 h - Gaitapoteo con Faíscas da Pontraga e Espalladoiro (zona peatonal)
- 13:00 h - Sesión vermú coa Orquesta Compostela (Herriko Praza)
- 14:00 h - Xantar de irmandade do grupo Espalladoiro (Centro Galego)
- 17:00 h - Animación polas rúas con Faíscas da Pontraga (Herriko Praza, zona peatonal e praza Alberto Acero)
- 18:00 h - Actuación dos regueifeiros Kike Estévez Hernández e Lupe Blanco Vázquez (Praza Alberto Acero)
- 19:00 h - Actuación de No ReM - Noites de Rock e Meigas (Praza Alberto Acero)
- 21:00 h - Orquesta Compostela (Herriko Praza)
- 24:00 h - Queimada popular (Herriko Praza)
Domingo, 27 de outubro
- 12:00 h - Actuación da Coral Santa Lucía (Praza Aldai)
- 13:30 h - Actuación do grupo Espalladoiro (Praza Alberto Acero)
Máis info: Facebook

Evento:
Romaría
Organiza:
Centro Galego de Llodio
Data:
25.10.2019 a 27.10.2019
Lugar:
Herriko Plaza
Llodio - Laudio - 01400Araba/Álava España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





