Letras Galegas 2026 no Centro Galego de Barcelona
O Centro Galego de Barcelona celebra o Día das Letras Galegas 2026 o domingo 17 de maio, ás 18:00 horas, cunha conferencia na súa sede.
A conferencia leva por título Begoña Caamaño Letras Galegas 2026 e correrá a cargo de:
- María Xesús Lama López, profesora titular de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona e investigadora de ADHUC-Centro de Investigación Teoría, Xénero e Sexualidade.
- María Carreira, doutora en Filoloxía e especialista en mitocrítica.
Ademais, tamén se aproveitará o evento para entregar o premio do IV Certame de Cartas de Amorod(I)o e haberá actuacións musicais.
Para asistir a este evento especial é indispensable confirmar a asistencia antes do 8 de maio no correo electrónico informacioncgb@gmail.com.

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Galego de Barcelona
Data:
17.05.2026
Hora:
18:00
Lugar:
Centro Galego de Barcelona
Rambla, 35-37, Principal
Barcelona - 08002Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






