Letras Galegas 2018, no Lar Galego de Pamplona

Listen to this page using ReadSpeaker
419 lecturas

Do venres 18 ao domingo 20 de maio, na súa sede na capital navarra, o Lar Galego de Pamplona celebra o Día das Letras Galegas 2018, a gran festa da nosa cultura que na presente edición a Real Academia Galega acordou dedicar a escritora estremeña Mª Victoria Moreno, coa seguinte programación:

Venres, 18 de maio - Inauguración / Xornadas de portas abertas

  • Exposición e charla sobre os Camiños de  Santiago en Galicia: portugués, inglés, Santiago a Fisterra e francés

Sábado,19 de maio 

  • Mesa de venda de libros
  • Visita á  exposición
  • Degustación de filloas
  • 19:00 h: conferencia sobre Mª Victoria Moreno Márquez
  • 20:00 h: imposición da insignia do Lar Galego de Pamplona ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en recoñecemento á súa colaboración coa entidade
  • Invitados/as: autoridades do Goberno de Navarra, Concello de  Pamplona, Federación de Casas Rexionais, prensa e socios/as e amigos/as
  • Ao remate do acto, o grupo folclórico “Os  fillos de  Breogán” da entidade ofrecerán unha actuación de música e baile galegos e servirase un viño

Domingo, 20 de maio - 2ª xornada de portas abertas

Letras Galegas 2018, no Lar Galego de Pamplona
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Lar Galego de Pamplona
Data: 
18.05.2018 a 20.05.2018
Lugar:
Lar Galego de Pamplona
San Fermín, 4 - baixo
Pamplona - 32001Navarra
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Ares Indiano 2019
23.08.2019 a 25.08.2019