Letras Galegas 2013 en Berlín: documental "Brasil somos nós"

Listen to this page using ReadSpeaker
652 lecturas

O luns 11 maio ás 20,00 h., na sala Babylon da capital alemá, dentro do ciclo de actividades das Semanas da Cultura Galega que organizan o Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin e o Instituto Cervantes de Berlín, proxectarase o documental Brasil somos nós, do director Robert Bellsolà.

No filme, o gaiteiro vigués Carlos Núñez narra a viaxe que emprendeu na procura do seu bisavó, José María Núñez, que emigrou ao país latinoamericano a comezos do século XX e desapareceu, supostamente asasinado por outro músico. O documental amosa a influencia que a música do país brasileiro exerce sobre Carlos Núñez, que se deixa absorber por un país no que o ritmo reina en todos os aspectos da vida e que aínda conserva a vella cultura galego-portuguesa enriquecida polo contacto con outras tradicións, especialmente de África.

  • Prezo da entrada: 7€ (para o alumnado do Instituto Cervantes e do Lectorado de galego da FU 4€)

 

Letras Galegas 2013 en Berlín: documental "Brasil somos nós"
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin & Instituto Cervantes de Berlín
Data: 
13.05.2013
Hora: 
20,00
Lugar:
Babylon
Rosa-Luxemburg-Straße 30
Berlín - 10178Berlin
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: