Kirenia Martínez estrea Emigrantas, un espectáculo de danza sobre a emigración en clave de xénero

Listen to this page using ReadSpeaker
54 lecturas

Trátase dunha coprodución co Centro Coreográfico Galego. A peza estrearáse o sábado 22 de febreiro en Santiago de Compostela para despois viaxar a Londres.

Dúas intérpretes sobre a escena dan vida a unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da última diáspora galega. Con cuño femenino e desde unha perspectiva de xénero, Emigrantas é un espectáculo de danza que aborda a derradeira vaga migratoria en Galicia, debedora da crise e cun impacto directo no problema demográfico, unha cuestión central na axenda política galega. Preto de 50.000 galegos e galegas de menos de 40 anos abandoaron a comunidade na última década, encarnando unha nova diáspora inxerida nunha contorna dixital e globalizada “para a que xa non é válido o discurso clásico sobre as migracións”.

Emigrantas é unha peza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas todas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en complicidade coas comunidades migrantes dentro e fora de Galicia.

A bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez Acosta dirixe este espectáculo protagonizado por David Loira e Esther Latorre. Babykatze e Bruno Baw desenvolveron o espazo sonoro e Branca Novoneyra asina os textos. O vestiario é obra de Jandro Villa e todo o deseño grafico correu por conta de Niko Alvarellos. Na produción participaron tamén o equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais ESOMI, con Keina Espiñeira, e a Fundación SGAE.

Emigrantas conta co apoio do Centro Coreográfico de Galicia en réxime de coproducción. Foi un dos 3 proxectos seleccionados para o programa de coproducións 2019-2020, executado pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) como anuncio de licitación.

Logo de máis de seis meses de traballo Emigrantas estreáse o sábado 22 de febreiro na sede da SGAE en Santiago de Compostela, ás 19.30 h . O día 25 o fará en Londres, no instituto da Fundación Cañada Blanch en Londres, coa axuda da Secretaría Xeral de Emigración.

Kirenia Martínez estrea Emigrantas, un espectáculo de danza sobre a emigración en clave de xénero
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Fundación Cañada Blanch - Londres
Data: 
25.02.2020
Hora: 
12:00
Lugar:
Fundación Cañada Blanch - Londres
317-318 Portobello Rd, London W10 5SZ
Londres, London
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: