IV Concurso de fotografía do Centro Galego de Vitoria

Listen to this page using ReadSpeaker
1080 lecturas

O Centro Galego de Vitoria-Gasteiz convoca o seu IVº Concurso de fotografía.

Bases:

  • Tema libre
  • Presentaranse en papel e o seu lado máximo terá 20 cm.
  • Data límite de entrega: 15 de maio de 2017
  • As fotografías premiadas pasarán ser propiedade da organización
  • Só se poderán presentar 3 fotografías por concursante
  • Os premios entregaranse no Centro Galego o 20 de maio durante a celebración do Día das Letras Galegas
  • As fotografías entregaranse nas oficinas do Centro ou remitiranse por correo ao seguinte enderezo:
    Centro Galego
    Gernikako Arbola, 11
    01010 Vitoria-Gasteiz
  • As fotografías presentaranse pegadas a unha cartolina branca, tamaña DIN-A4, e na parte inferior só se escribirá o título da fotografía
  • O nome do/a autor/a, teléfono, enderezo, correo electrónico e lugar onde se fixo a fotografía, entregarase en sobre pechado, no que fiigure o título das fotografías
  • O concurso pode quedar deserto se a organización o considera oportuno
  • Premios: 1º premio, 100 €; 2º premio, 75 €; 3º premio, 50 €; accésit, 100 €

Máis info: na web http://centrogallegovitoria.es e facebook

IV Concurso de fotografía do Centro Galego de Vitoria
Evento: 
Concurso
Organiza: 
Centro Gallego en Alava
Data: 
15.05.2017
Lugar:
Centro Gallego de Vitoria
Gernikako Arbola, 11
Vitoria-Gasteiz - 01010Araba/Álava
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: