Iº Concurso para conxuntos instrumentais con gaita galega "Ciudad de Alicante"
O sábado 10 de novembro a partir das 18:00 h, no Centro Cultural Las Cigarreras da capital alacantina, o Centro Galego de Alacant organiza o Iº Concurso para conxuntos instrumentais con gaita galega "Ciudad de Alicante".
Trátase dun foro no que compartir, sempre nun ambiente totalmente festivo, as distintas maneiras que hai de entender o noso instrumento de referencia. Observar as diferentes opcións que os/as gaiteiros/as espallados/as por toda a xeografía nacional, xunto con outros instrumentos, propoñen.
Anímase a participar a todos/as os/as músicos/as. Vai ser a primeira edición de unha experiencia pioneira que seguro que vai sorprender
Máis info: centrogallego@hotmail.es | Tlf. 648 47 13 93 | Facebook

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Galego de Alicante
Data:
10.11.2018
Hora:
18:00
Lugar:
Centro Cultural Las Cigarreras
San Carlos, 78
Alacant - 03013Alicante-Alacant España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





