Inauguración da sede social "O Faiado" do Centro Galego de Castellón
O sábado 12 de xullo ás 19,30 h. realizarase a inauguración das novas instalacións sociais do Centro Galego de Castellón "O Aturuxo" no complexo Tetúan XIV de Castellón. Cedida polo Concello de Castellón, a nova sede social "O Faiado" vén a incrementar a oferta de lecer dos/as asociados/as e familias, así como o programa de actividades da entidade.
As instalacións atópanse no que foron as antigas dependencias do reximento de Infantería Tetuán XIV (hoxe propiedade do Concello de Castellón) ocupando un local de 176 m², dotado con cociña, medios audivisuais, aseos e salón para eventos; o entorno ofrece intalacións deportivas, aparcadoiros, grellas e lugares para o lecer das familias.

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
12.07.2014
Hora:
19,30
Lugar:
Centro Galego de Castellón - Local social "O Faiado"
Bovalar, Cuadra la Tercera, s/n - Antigo Cuartel Tetuán XIV
12004 - CastellóEspaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





