IIIº Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora Galicia-Norte de Portugal
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) convocan a IIIª edición do Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia.
- Aceptaranse obras orixinais e inéditas, pertencentes ao xénero do relato curto, escritas en lingua portuguesa ou galega e cunha extensión de 5.000 a 8.000 palabras
- Poderán participar as persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal
- O premio terá unha dotación económica de dous mil euros para o/a vencedor/a. As entidades promotoras custearán a publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia e, alén diso, realizarán accións de divulgación desta mediante actuacións de lanzamento
- O prazo de presentación rematará o 30 de abril de 2017
- Bases completas: picar aquí para descargar

Evento:
Certame literario
Organiza:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Direção Regional de Cultura do Norte
Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal
Data:
30.04.2017
Lugar:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Eduardo Cabello, s/n (Edificio CETMAR)
Bouzas - Vigo - 36208 Pontevedra España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





