IIIª Xuntanza de Xoves Gaiteiros en Mar del Plata
Do 22 ao 24 de setembro de 2012 o Instituto Argentino de Cultura Gallega organiza o terceiro encontro de camaradaría e amizade a realizarse no Centro Gallego de Mar del Plata.
- Inscricións ata o 17 de setembro.
- Info: no tlf. 493-1798 Int.31 de 14,00 a 21,00 h. e no enderezo de correo-e cgallego@speedy.com.ar
- O Centro Gallego de Mar del Plata brindará aloxamento e comida. É único requisito ter menos de 30 anos e poder interpretar a Muñeira de Chantada.
- No caso dos gaiteiros e gaiteiras maiores de 30 anos a institución brindaralles a comida soamente.
- Todas e todos os participantes, terán que custearse os traslados dende, e cara, ás súas cidades de orixe.
O obxectivo da Xuntanza é crear un espazo de encontro entre a mocidade da colectividade galega na Arxentina e ofrecer un espazo de aprendizaxe, alento, prácticas, traballo grupal, intercambios e emocións. Acompañarán na dirección desta 3ª Xuntanza o Mestre Gaiteiro Santiago Molina, do Centro Gallego de Avellaneda, e o Mestre Gaiteiro Abraham Fernández López, chegado de Galicia.

Evento:
Xuntanza
Organiza:
Instituto Arxentino de Cultura Galega - Centro Gallego de Mar del Plata
Data:
22.09.2012 a 24.09.2012
Hora:
9,00
Lugar:
Centro Gallego de Mar del Plata
XX de Septiembre, 1946
Mar del Plata - 7600Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





