III Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúzcoa

Listen to this page using ReadSpeaker
2470 lecturas

A Casa de Galicia en Guipúzcoa convoca o III Certame de poesía en lingua galega "Manuel María"

Bases:

  1. O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos
  2. O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente a personalidade do/a autor/a ao seguinte enderezo:
        Casa de Galicia en Gipuzkoa
        Rúa Zabaleta, 28 - baixo
        20002 - San Sebastián
        (Gipuzkoa)
    Dentro, noutro sobre pechado, figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI e teléfono do/a autor/a.
  3. As obras que se presenten deberán ser inéditas
  4. Os poemas enviaranse por triplicado antes do día 2 de abril de 2015
  5. A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado
  6. Os premios fallaranse o 9 de abril de 2015. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia da forma e no lugar que se estime axeitado
  7. Os premios consistirán en:
    1º premio: 400 euros
    2º premio: 200 euros
    3º premio: 100 euros
  8. Os premios serán entregados na Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado
  9. O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio
  10. A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime oportuno
  11. Non se devolverán os orixinais
III Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúzcoa
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Data: 
02.04.2015
Hora: 
0,00
Lugar:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Zabaleta, 28 - baixo
Donostia-San Sebastián - 20002Guipuzcoa
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: