IIª Festa da Carne ao caldeiro no Centro Galego de Lisboa

Listen to this page using ReadSpeaker
633 lecturas

O sábado 24 de marzo a partir das 20,30 h., no Salón Gabino Castro Gil da sede da entidade, a Peña gastronómica Álvaro Cunqueiro  da Xuventude da Galiza - Centro Galego de Lisboa organiza a IIª Festa da Carne ao caldeiro. É preciso anotarse (ata o 22 de marzo) no telefono da Secretaría: 218 853 680 ou no correo-e cultura@juventudedagaliza.com; o menú ten un custo de 12 € (para os nenos e nenas ata 10 anos é de balde) e estará composto por:
- sopa,
- tortilla, ensalada de tomate con cebola e leituga
- carne o caldeiro con pataca, chourizo, e verduras
- castañas con chocolate
- café
- viño e augas
- queimada

O evento estará amenizado cunha grande foliada con gaiteiros e músicas tradicionais.

 

IIª Festa da Carne ao caldeiro no Centro Galego de Lisboa
Evento: 
Festa
Organiza: 
Xuventude da Galiza - Centro Galego de Lisboa
Data: 
24.03.2012
Hora: 
20,30
Lugar:
Xuventude da Galiza - Centro Galego de Lisboa
Julio de Andrade, 3
Lisboa - 1150-206
Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: