II Xornadas Gastronómico-culturais da AGCH
Do venres 9 ao domingo 18 de marzo, no Antigo Recinto Feiral de Alcalá de Henares (Mercadillo del lunes) a Asociación Galega Corredor do Henares organiza as II Xornadas Gastronómico-culturais. Poderá gozarse do mellor marisco do Grove, do polbo e as carnes, todo iso regado con viño da terra.
Ademais da comida, tamén haberá actuacións do Grupo de gaitas e danzas Vagalume da entidade, que deleitará ás e os asistentes coa música e bailes tradicionais galegos.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Galega Corredor do Henares
Data:
09.03.2012 a 18.03.2012
Hora:
12,00
Lugar:
Antiguo Recinto Ferial de Alcalá de Henares (Mercadillo del lunes)
Paseo de Aguadores
Alcalá de Henares, Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





