II Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúzcoa
A Casa de Galicia en Guipúzcoa convoca o II Certame de poesía en lingua galega "Manuel María"
Bases (picar aquí para descargar en pdf):
- O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos
- O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente a personalidade do autor ou autora ao seguinte enderezo:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Rúa Zabaleta, 28 - baixo
20002 - San Sebastián
(Gipuzkoa)
Dentro, noutro sobre pechado, figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI e teléfono do autor ou autora. - As obras que se presenten deberán ser inéditas
- Os poemas enviaranse por triplicado antes do día 24 de abril de 2014
- A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado
- Os premios fallaranse o 24 de maio de 2014. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia da forma e no lugar que se estime axeitado
- Os premios consistirán en:
1º premio: 400 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros - Os premios serán entregados na Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado
- O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio
- A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime oportuno
- Non se devolverán os orixinais

Evento:
Certame literario
Organiza:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Data:
24.04.2014
Hora:
0,00
Lugar:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Zabaleta, 28 - bajo
Donostia-San Sebastián - 20002Gipuzkoa España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: