I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos

Listen to this page using ReadSpeaker
1454 lecturas

O Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (CELGA), para conmemorar o seu 20º aniversario de fundación, o 40º aniversario da creación do primeiro Centro de Estudos Galegos (CEG) na Bahia, e como homenaxe á súa fundadora, a Profa. Rosario Suárez Albán, anuncia a realización do I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos (I EBEG), que terá lugar na Universidade Federal da Bahia do 13 ao 15 de abril de 2015.

O evento ten como obxectivo intensificar o diálogo intelectual entre investigadores/as brasileiros/as e estranxeiros/as de diferentes universidades que se dedican aos estudos galegos. A Comisión Organizadora convida a profesionais, estudantes e demais interesados/as nos estudos de lingüística, literatura e cultura galegas a participaren no I EBEG, nas diferentes actividades programadas.

I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos
Evento: 
Congreso
Organiza: 
Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (CELGA) - Universidade Federal da Bahia
Data: 
13.04.2015 a 15.04.2015
Lugar:
Auditório do PAF III - UFBA
Campus de Ondina
Salvador - 40170-115Bahia
Brasil