Homenaxe a personalidades históricas da música galega en Barcelona
O sábado 1 de decembro ás 18,00 h., na sede do Centro Galego de Barcelona, renderáselle recoñecemento a diferentes personalidades da música polo seu traballo e difusión da nosa música e cultura nos distintos centros e asociacións galegas de Barcelona, nun acto que estará presentado por Toni Cotado.
Serán homenaxeadas as seguintes persoas:
- Javier P. Otero (acordeonista)
- Amador Casanovas (gaiteiro)
- Jesús Galán (gaiteiro)
- Fernando (cantante e bailarín)
- Julita (cantante e bailarina)
- José Romero (acordeonista)
- Mariano Alonso (cantante, pianista e guitarrista)
- Jesús Espín (gaiteiro e acordeonista)
- Antonio Fernández (gaiteiro, frautista e acordeonista)
- Alfredo González (cantautor)
Cada persoa homenaxeada terá unha pequena intervención, así como a poetisa Sara Fernández e o grupo formado por Alfredo González (voz e guitarra), Jose Romero (acordeón), Mariano Alonso (voz e guitarra) e Jesus Galan (gaita).
Así mesmo, presentarase o disco homenaxe ao poeta Pérez Parallé, Dende a ría á Capelada.

Evento:
Homenaxe
Organiza:
Centro Galego de Barcelona
Data:
01.12.2012
Hora:
18,00
Lugar:
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37
Barcelona - 08002Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





