Homenaxe a Castelao no Centro Galego de Bos Aires polo 67º aniversario do seu pasamento

Listen to this page using ReadSpeaker
1305 lecturas

O venres 6 de xaneiro a partir das 18,00 h., no vestíbulo da Estrela da sede da entidade galega na capital arxentina, o Instituto Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires organiza unha homenaxe a Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao co gallo do 67º aniversario do pasamento do insigne galeguista rianxeiro.

Coa participación de:

  • Coro do Centro Galego
  • Músicos/as da colectividade galega en Bos Aires
  • Realizarase a tradicional ofrenda de loureiros
  • Falarán persoeiros da cultura galega e autoridades da Institución

Máis info: no facebook

Homenaxe a Castelao no Centro Galego de Bos Aires polo 67º aniversario do seu pasamento
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Centro Gallego de Buenos Aires - Mutualidad - Cultura - Acción Social
Data: 
06.01.2017
Hora: 
18,00
Lugar:
Centro Gallego de Buenos Aires
Avda. Belgrano, 2199 (e/ Pasco)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1094Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: