Grande Romaría Galega 95º aniversario da Casa de Galicia de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
776 lecturas

O domingo, 25 de novembro a Casa de Galicia de Montevideo festexa o seu 95º aniversario cunha Grande Romaría Galega. Ás 11,00 h. comeza a procesión, saíndo do Hogar Español ata a Quinta Social da entidade.

Poden participar tanto as persoas asociadas como as non asociadas (as e os funcionarios teñen a entrada libre coa cédula de identidade ou carné de funcionariado), e haberá empanada, polbo á feira, paella, asado, música, baile, xogo para as e os máis cativos e moito máis. É preciso acudir con prato, vaso e cubertos.

Máis información:

  • Oficina de Programas Sociais (venda de entradas): 2 403 33 11, de 9,00 a 19,00 h.
  • Tesourería: 2 358 12 34 (int. 290)
  • Departamento Comercial: 2 358 12 34 (int. 341-390) de 9,00 a 20,00 h.
  • Biblioteca Social: 2 402 22 57 de 14,00 a 20,00 h.

 

Gran Romaría Galega 95º aniversario da Casa de Galicia de Montevideo
Evento: 
Romaría
Organiza: 
Casa de Galicia de Montevideo
Data: 
25.11.2012
Hora: 
11,00
Lugar:
Quinta Social de Casa de Galicia de Montevideo
Avda. Millán y Raffo
Montevideo - 12900
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: