Gran Xantar-Xaneiro 2015 do Centro Partido de La Estrada en Bos Aires
O domingo 27 de xaneiro, na sede da entidade galega na cidade porteña, o Centro Cultural Partido de La Estrada de Bos Aires organiza un Gran Xantar dando comezo ás actividades de 2015 e aproveitando a ocasión para celebrar as 4.500 emisións da audición radial Raíces de España que sae ao aire de luns a venres de 12,00 a 14,00 h. por AM 1490 Radio Gama, conducida por un grande amigo da entidade, Carlos Pérez Castex.
- Celebraranse os aniversarios das persoas asociadas activas que cumpran entre o 8 de decembro de 2014 e o 25 de xaneiro de 2015 inclusive, sendo as mesmas convidadas especiais da institución, e tendo as súas respectivas tarxetas reservadas.
- Menú:
-Empanada galega
-Costelar de porco ao forno con patacas ou polo ao forno
-Barra libre (viños tinto e branco, gasosas, sodas, aguas)
-Sobremesa xeada e café
-Brinde acompañado por tortas - Amenización musical a cargo de José Eugenio, artista que lembrará as tradicións musicais de Galicia
- Reservas nos tlfs. 4200-0807, 4612-3787 ou 4648-0869
- Máis info no facebook

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Cultural del Partido de la Estrada
Data:
25.01.2015
Lugar:
Centro Cultural Partido de La Estrada
México, 2849
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1223Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





