Gran Xantar a beneficio do Instituto Argentino de Cultura Gallega
O sábado 26 de novembro a partir das 13,00 h., no Restaurante Tuy y Salceda de Bos Aires, o Centro Gallego de Buenos Aires organiza o Gran Xantar a beneficio do Instituto Argentino de Cultura Gallega. O evento estará amenizado coas actuacións de Eduardo Méndez "El Galán del Arrabal" e a Orquestra Galega Treboeiro, coa voz de Dora de la Fuente. A adquisión de tarxetas realizarase no Centro Gallego de Buenos Aires e co número de cada unha delas participarase no sorteo de dous premios, cadanseu consistente nunha pasaxe de avión Bos Aires-Santiago de Compostela-Bos Aires.

Evento:
Xantar/Cea social/oficial
Organiza:
Centro Gallego de Buenos Aires
Data:
26.11.2011
Hora:
13,00
Lugar:
Restaurante Tuy y Salceda
Maza, 456
Buenos AiresArxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





