Gran Festa de Navia de Suarna na Arxentina
O domingo 30 de setembro, a partir das 13,00 h., a Asociación Navia de Suarna en Buenos Aires organiza a segunda festa de camaradeiría do ano cun Gran Xantar, amenizado con música e baile: actuará a orquestra de música española e internacional de Jorge Tena e La Gavilla; tango con Hever e Sofía en baile, e a voz de Tito Rocca da Casa de Anibal Troilo; e conxunto de danza e música galegas con recoñecido grupo típico.
O prezo é de 160 $ para as persoas invitadas, 100 $ para socios e socias e 70 $ para menores. Reservas no tlf. 1550561556.
Menú:
- Entrantes: xamón cru, queixos, cantimpalo, empanadas criollas, tortilla, zorza, pernil de porco en panecillos saborizados e luras.
- Pratos principais: paella valenciana e carré de porco con patacas.
- Postre: amendoado con charlotte e café.
- Bebidas: viños Norton, gasosas e augas; canilla libre.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Navia de Suarna en Buenos Aires
Data:
30.09.2012
Hora:
13,00
Lugar:
Asociación Tuy Salceda
Maza, 457
Buenos Aires - 1206Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





