Gran Festa 52º Aniversario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas

Listen to this page using ReadSpeaker
787 lecturas

O sábado 20 de outubro a partir das 20,00 h., na Pista Techada da sede da entidade, a Hermandad Gallega de Venezuela celebra o seu 52º aniversario cunha Gran Festa, que estará amenizada pola Banda Sensacion e a Superbanda Guaco.

A entrada para os socios e socias é libre, pero se se desexa reservar a mesa, o custo da cadeira é de 80 $ por persoa (inclúe IVE). A mesa consta de 10 cadeiras e inclúe: un servizo de whisky 12 anos, dúas botellas de sidra, torta e cotillón. É preciso dirixirse á Dirección de Admisión e Orde Social, de luns a venres, de 14,00 a 20,00 h., a partir do día luns 8 de Outubro de 2012.

Así mesmo, para as persoas socias, quedan suspendidos os pases de cortesía outorgados polo Consello Directivo, unicamente poderán ser utilizados os pases cor azul de pronto pagamento.

Gran Festa 52º Aniversario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Hermandad Gallega de Venezuela
Data: 
20.10.2012
Hora: 
20,00
Lugar:
Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Avenida Principal Maripérez con Andrés Bello
Caracas - 1050-A
Venezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: