Gran Cocido Galego - Celebración do Santiago Apóstolo na Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires
O domingo 15 de xullo a partir das 13,00 h., na súa sede social, a Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires organiza un Gran Cocido Galego, festexando o Día de Santiago Apóstolo.
O menú está composto por empanadas, cocido galego, almendrados, viño Norton branco e tinto e café. O custo é de 140 $ para as persoas adultas e de 70 $ para os e as menores. A festa estará amenizada polo Conxunto de música, danzas e cantareiras da Sociedad Parroquial de Vedra.

Evento:
Festa
Organiza:
Sociedad Parroquial de Vedra de mutualidad y cultura
Data:
15.07.2012
Hora:
13,00
Lugar:
Sociedad Parroquial de Vedra
José Mármol, 760
Buenos Aires - 1236Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





